Vista do Maxi

Vista do Maxi

sábado, 29 de novembro de 2014

Documento e planos do estudo de detalle aprobado. Nova pegada

Para quen queira consultar a documentación orixinal do estudo de detalle aprobado polo concello, poñémola á vosa disposición nos seguintes enlaces:

Texto refundido do estudo de detalle
 
Planos da edificación


A maiores, para informar á veciñanza da constitución da plataforma e publicitar os seus obxectivos realizaremos proximamente unha pegada con algún dos seguintes cartaces:





Cartaz próxima pegada
  
Sí, son semellantes, pero é moi tarde e mañá será outro día.

Finalmente o gañador non é ningún dos anteriores, senón este:

 Que a todo isto tampouco é que sexa moi diferente ... . Vai ir en branco e negro, así que a ver que resultado dá ao imprimir.

domingo, 23 de novembro de 2014

Constitución da plataforma

SABEDES QUE...?

- O Concello de Oleiros aprobou unha modificación do Plan Xeral de Urbanismo ex-profeso para beneficiar ao propietario da parcela do Maxi?

- Esta modificación permite aumentar a altura da edificabilidade en 18 metros?

- Esta modificación supón un importante incremento do valor económico da finca, o que repercutiría en que, no caso de querer mercala, o Concello debería pagar ese sobre-prezo?

- A aplicación da ORA no período de verán nese terreo é ilegal?


RECLAMAMOS...

Queremos que a finca do Maxi se recupere definitivamente para uso público, deixando libre a visión na fachada marítima do Porto de Santa Cruz.

  Podes cooperar axudándonos a recoller sinaturas con estes formulario. Os links de embaixo permiten descargalos en pdf: 

 


Este é o tríptico de convocatoria da primeira asemblea:
Tríptico de convocatoria da primeira asemblea


Esta unha foto desa primeira reunión:
Primeira asemblea


E este o cartaz da segunda:
Cartaz da segunda asemblea